sábado, 9 de abril de 2016

11 de Novembro

Día do peón

Este ano o cole de San Saturnino convidounos á sea celebración do Día do Peón. Os mestres deste cole levan organizando estas xornadas dende hai anos, é unha tradición. Pasámolo moi ben!
Dividíronnos en equipos. A profe María foi cos de infantil e o profe Xan coas nenas de primaria.

A primeira actividade foi facer entre todos un móvil de peóns.



Despois bailamos bailaretes de diferentes tipos. O bonito desta saída foi que as nosas mestras eran alumnas do cole.




A continuación vimos un carpinteiro facendo un bailarete. A Xavi gustoulle moito.


A seguinte actividade foi ver unha batalla de peóns. Participaban os maiores do cole de San Sadurniño.

Antes de ir ver o peón xigante bailando, agasalláronnos cun bailarete para cada un que pintamos con rotus.







Moitas grazas ao cole de Sansa por tan bonita experiencia. Para nós foi dobremente especial porque foi a primeira excursión de Claudia e Lucas co cole.

No hay comentarios:

Publicar un comentario