martes, 15 de enero de 2013

CUMPLE DE AMALIA

O primeiro cumple deste ano foi o de Amalia, que compartiu con todos nós un delicioso biscoito.
CHSSSS!!! É un segredo, pero mamá e papá axudaron un pouquiño a facelo, pero só un pouquiño, que quede claro.





Parabéns Amalia! Xa tes 5 anos!

REGALOS DE REIS

Os Reis Magos, tamén pararon na nosa escola a deixar algúns regalos, que nos fixeron moita ilusión. Ultimamente son os xoguetes preferidos.

A VISITA DE PAPA NOEL

O último día de escola antes das vacacións de Nadal, tivemos unha visita especial, bueno, mellor dito dúas: viñeron as familias para compartir con nós unha pequena festa e tamén apareceu por Vilarrube Papa Noel, a recoller as súas cartas e tamén darnos unhos caramelos. Mirade cantas nenas e nos había, ata viñeron os futu@s alumn@s da escola para ir collendo ambiente.