miércoles, 13 de marzo de 2013

TEATRIÑO

O martes como traballamos moito durante as primeiras horas, ao final da mañá nos adicamos a xogar coas marionetas e acabamos facendo un teatriño, aínda que nos da unha vergoña tan grande que casi non se oe nada. Seguiremos practicando!





EQUILIBRIOS

O martes, o profe Xan púzonos a facer equilibrios nos bancos, e ao final acabamos así, e por suposto merecía unha foto para inmortalizar o momento.


 

miércoles, 6 de marzo de 2013

CULTIVANDO

Despois de hai moito tempo, volvemos a plantar cousiñas, e a ver o que sale de ahí. O martes, aproveitando as raiolas do sol, plantamos perexil e tamén cebolas. Xa sabedes, se saen para adiante xa tedes para empezar a cociñar.

CUMPLEANOS DE ALDARA

E de novo, celebramos outro cumple. O xoves 28, Aldara cunplía 5 anos, pero como íamos de excursión ao cole da Capela, esperou ao venres para convidarnos a unha deliciosa torta, que según ela tiña un ingrediente sorpresa, que ata que rematamos de comela non quixo desvelar: a cenoria. Parabéns Aldara!