jueves, 28 de febrero de 2013

EXCURSIÓN AO COLEXIO DA CAPELA

O xoves 28 de febreiro fomos de excursión ao CEIP Mosteiro de Caveeiro na Capela. Alí teñen un centro de interpretación de xogos tradicionais, ademáis dunha exposición de xoguetes africanos feitos todos á man. Alí nos estaban esperando os nenos e nenas de 1º de Primaria, que eran os encargados de explicarnos os xogos que íamos a practicar. A experiencia resultou fantástica, tanto para eles como para nós. Para eles porque é das primeiras veces que acode un grupo con nen@s tan pequenos. E para nós, porque coñeceron xogos de antano que seguro que para vós, como a min recordaredes momentos da infancia. Xogamos ás cadeas, á pita cega, á zorregada, ás chapas, aos peóns e bailaretes, aos zancos e á mariola. aínda teñen ata dezasete preparados, así que temos a escusa perfecta para o ano que ven facerlles outra visita. Moitas grazas a Xabier, que é o mestre responsábel de levar a cabo os xogos, e como non, aos nosos anfitrións, os nenos e nenas de primeiro que o fixeron estupendamente. Mirade e xa veredes que ben o pasamos.

CUMPLE DE ANTÍA

Esta semana Antía cumpleu 6 anos, e para celebralo convidounos a unha deliciosa tarta.


 

Parabéns Antía!

lunes, 25 de febrero de 2013

VISITA DO SEPRONA

O xoves 21 visitounos unha patrulla do Seprona, para explicarnos en que consiste o seu traballo. Gustounos moito, pero sobre todo subir á moto e probar o chaleco antibalas. Toda unha experiencia!

miércoles, 20 de febrero de 2013

O CUMPLE DA PROFE

O mércores 20 celebramos o meu cumple, e como sempre comimos un riquísimo biscoito, e non é porque o fixera eu, que quede claro é.

OS ZULÚS

Como decía a nosa canción : " Somos os zulús da África tropical, e aquí en Valdoviño queremos quedar..."
Aquí tedes as fotos d@ guap@s que íamos:


4º MANDADO

Como cuarto e último mandado, o Meco fixo que puxeramos algunha prenda de roupa do revés, co incomodo que é iso, pero nos obedecimos, e así estábamos

Poesía da Paz


Para celebrar o Día da Paz tamén aprendimos unha poesía, e aquí tedes o vídeo para comprobar que ben lle salía.

VIDEO DA PAZ

Como o prometido é débeda, aquí tedes o enlace para que poidades ver o vídeo que fixo María para conmemorar o Día da Paz: vídeo.

miércoles, 6 de febrero de 2013

MERENDA ESPECIAL

Hoxe preparamos unha merenda especial, tres pizzas, das que demos boa conta delas. Só temos fotos da elaboración, porque como estabamos tan ansiosos por probalas e tiñan tan boa pinta, que nos nos acordamos nin de sacarlle fotos ao resultado final.
Pero estaba riquísima, así que repetiremos!


3º MANDADO

O mércores, outra cousa nova, había que traer unhas coletas ou algo na cabeza. e como somos tan "mandadiños"...

2º MANDADO

O martes, ademias das pecas, debíamos engadir un mandil. E así o fixemos!

CUMPLE DE ALBA

O martes día 5, celebramos o cumple de Alba, que xa ten catro anos. Convidounos a unha deliciosa tarta.







Parabéns Alba!

1º MANDADO

O 1º mandado do Meco, era pintar unhas pecas ou lunares na cara.
Chegamos guapísimos!

DÍA DA PAZ

O 31 de xaneiro, celebramos o Día da Paz na escola, para o cal, ademais de aprender unha poesía, facer un videoclip dunha canción de Macaco, do que en breve poñeremos o enlace para que o poidades ver desde a casa, tamén o traballamos en inglés e no proxecto lector, e finalmente tamén elaboramos a pomba dos sorrisos.
Mirade que fermosa quedou!