jueves, 28 de febrero de 2013

EXCURSIÓN AO COLEXIO DA CAPELA

O xoves 28 de febreiro fomos de excursión ao CEIP Mosteiro de Caveeiro na Capela. Alí teñen un centro de interpretación de xogos tradicionais, ademáis dunha exposición de xoguetes africanos feitos todos á man. Alí nos estaban esperando os nenos e nenas de 1º de Primaria, que eran os encargados de explicarnos os xogos que íamos a practicar. A experiencia resultou fantástica, tanto para eles como para nós. Para eles porque é das primeiras veces que acode un grupo con nen@s tan pequenos. E para nós, porque coñeceron xogos de antano que seguro que para vós, como a min recordaredes momentos da infancia. Xogamos ás cadeas, á pita cega, á zorregada, ás chapas, aos peóns e bailaretes, aos zancos e á mariola. aínda teñen ata dezasete preparados, así que temos a escusa perfecta para o ano que ven facerlles outra visita. Moitas grazas a Xabier, que é o mestre responsábel de levar a cabo os xogos, e como non, aos nosos anfitrións, os nenos e nenas de primeiro que o fixeron estupendamente. Mirade e xa veredes que ben o pasamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario