domingo, 13 de marzo de 2016

13 de Outubro de 2015
Aniversario de Xavi

Hoxe tocou cantarlle o cumpleanos a Xavi! E, por suposto, papar a tarta enteira.
Feliz Cumpreanos Xavi!


9 de Outubro de 2015
Aniversario de Claudia

Hoxe comimos a tarta de cumple da pequeniña da escola. O teu primeiro cumple con nós. Parabéns Claudia!!


8 de Outubro de 2015
Aniversario de Saray

Hoxe é o cumple da nosa Saray. Parabéns parrula!!


2 de Outubro de 2015
Obradoiro de Cociña: Pizza

Hoxe Saray tróuxonos para a asamblea una folla de outono de tres cores: amarelo, marrón e verde.
As cores de outono fanse presentes na natureza!

Despois fixemos obradoiro de cociña e preparamos pizzas individuais. Tomate, queixo, xamón... e ao forno! Riquísimas!!
´


domingo, 6 de marzo de 2016

25 de Setembro de 2015
Pintamos con uvas.

Hoxe a profe trouxo uvas da vendima da súa casa. Ademáis de comer unhas cantas na merenda do recreo, utilizamos a súa pel para colorear. Cada uva pintaba cunha tonalidade diferente e a cor variaba segundo a presión que se facía con ela. Este foi o resultado!
24 de Setembro de 2015

Un niño de paxaros.

Hoxe Aldara e Tomás trouxéronnos un niño de paxaros.

Na asamblea mirámolo paseniño para ver como estaba tecido con plumas e paus pequenos e flexibles. Increíble o que traballan para construir o se fogar.


Gustounos moitísimo. Grazas Aladara e Tomás.
22 de Setembro de 2015
Preparándonos para as merendas.

Hoxe rematamos os manteis para as merendas do cole cos nosos nombres. 



Claudia, a pequena da escola, aprendeu coas nenas maiores. Quedaron súper brilantes!



21 de Setembro de 2015
Feliz Aniversario Lucas!

Hoxe é o cumple de Lucas, o noso neno de 3 anos. Acompañounos o profe Xan para cantarlle e papar un pedazo de tarta. Riquísima!
16 de Setembro de 2015

O Mural do Outono

Por fin rematamos o noso mural de outono. Escollimos as cores amarelo, vermello, marrón e laranxa para facer coa pegada das mans as follas da nosa árbore caduca. O máis divertido? por suposto, pringarnos coa pintura!
15 de Setembro de 2015

Contando cunchas.

Amalia hoye trouxo da súa casa una colección de cunchas marinas.
Estivemos observando a súa forma e tamaño durante a asamblea.

Despois contámolas... Cantas cres que chegou a xuntar?

Abrimos o noso blogue!

Ola a todas e todos!

Despois de algo máis de seis meses de curso, volvemos a retomar o noso blogue.

Como levamos moito atraso nas entradas, faremos un pequeno resumo de todo o vivido ata o de agora, para que vexades un chisco do noso traballo diario.

Apertas dende a nosa escoliña!!