martes, 30 de octubre de 2012

E siguen chegando froitos do Outono ao cole.
Desta volta Andrea e Inés trouxeron unhos cogumelos xigantes, Fabián trouxoos pequenos e Celia trouxo tres cabazas novas con berruguiñas.
Aínda nos faltan as landras, as avelás e as amendoas, a ver si alguén as consigue.
Moitas grazas.

Sal ou azucre?

Como estivemos traballando os sentidos, puxemos a proba o sentido do gusto, adiviñando que sabor contiña cada bote: doce ou salgado?
Por algunha cara, pódese adiviñar cal era cal.

Arañas do Samaín

O luns 29 fixemos unha merenda especial, para conmemorar a festa do Samaín.
Elaboramos unhas arañas con galletas, chocolate fundido e regaliz.
Encantounos a experiencia e estaban moi ricas.

miércoles, 17 de octubre de 2012

NOCES E CASTAÑAS

Desta volta, foron Andrea e Inés as que trouxeron noces e castañas para a exposición dos froitos que decidiramos facer o día anterior.





Así que xa sabedes, se queredes  podedes traernos froitos do outono para a nosa exposición.
Grazas familias por colaborar

OPTIMIZANDO RECURSOS

Para que logo digan....


como só temos dous columpios e de esperar non entenden moito, pois..... vamos de dous en dous e si nos apuramos un pouco aínda colle outra.

CADRO DE OUTONO

Despois de escoitar parte da peza musical de Vivaldi das Catro Estacións, a que corresponde ao Outono, e de ver distantas imaxes desta estación, nos inspiramos para facer un cadro de outono. Estampamos follas con pintura e logo fixemoslle un marco especial.








O resultado aquí está!


Así quedaron os mandilóns e a mesa... pero valeu a pena porque o pasaron en grande

MILLO NA ESCOLA

O luns, Amalia quería traer algo ao cole para compartir con todos, e ocorreuselles traer millo que estivera recolleitando o seu avó.
Un bo acerto porque estivemos falando da súa utilización, vendo como era e así xurdiu a idea de facer unha exposición de froitos de outono.





Grazas por compartir experiencias

CUMPLE DE FABIÁN

O luns día 15, celebramos o cumple de Fabián, o único neno e o máis maior. Convidounos a un delicioso biscoito, aínda que tódalas peticións ían dirixidas aos lacasitos que o adornaban.



Parabéns Fabián!!!

miércoles, 10 de octubre de 2012

CUMPLE DE SARAY

O luns día oito celebramos o cumple de Saray, unha das nenas que se incorporaron novas este ano ao cole.
Estaba tan emocionada coa coroa, que a tivo posta toda a mañá ata que co sudor se lle mollou tanto que rompeu,  pero tiña arranxo.
Convidounos a un rico biscoito.




Parabéns Saray

PASEO POLO ENTORNO

O venres 5, precisábamos follas para continuar a facer o mural do outono, e o que fixemos foi ir dar un paseo ata a igrexa onde atopamos un montón. Xa de paso paramos a recoller unhas cantas castañas e ver de cerca o castiñeiro, os ourizos...









FOTO DE GRUPO

Aquí están todos:
O grupo laranxa: Fabián e Andrea.
O grupo verde: Emma, Antía e Irene.
O grupo rosa: Aldara e Amalia.
E o grupo azul, as máis pequenas emáis numerosas: María, Saray, Celia, Inés e Alba.


PLUMAS DE PAVO REAL


Un luns, Aldara apareceu na escola con dúas plumas preciosas, e contounos que eran dun pavo real que ten o seu avó, e como non estivemos observandoas e falando do seu uso.
Grazas por compartir obxectos e cousas que nos sirven para investigar e observar cousas do noso arredor.












lunes, 8 de octubre de 2012

MURAL DO OUTONO

A semana pasada comezamos un mural do outono, levounos bastante tempo porque utilizamos diferentes técnicas, como podedes ver nas fotos e como veredes no cole cando por fin esté rematado.
Un destes días aparecerá colgado na entrada da escola.