sábado, 9 de abril de 2016

20 de Outubro de 2015
Os 5 Sentidos

Este trimestre estamos co proxecto do corpo. Fixemos un experimento para traballar os cinco sentidos.






Para o sentido do olfacto ulimos café, curry, romero, ruda e vinagre.


Investigamos sobre o gosto probando cos ollos vendados chocolate, pepinillos, laranxa, gominolas, aceitunas e palitos.
O sentido da vista o traballamos xogando cos libros de observar, facendo de oculistas e analizando láminas.




Para o sentido do oído tocamos instrumentos musicais.


Para o sentido do tacto apalpamos unha bolsa sen saber o que había dentro e mergullamos as mans en legumes e arroz.



Marcos dixo que quería facer experimentos como este todos os días... ;)





domingo, 13 de marzo de 2016

13 de Outubro de 2015
Aniversario de Xavi

Hoxe tocou cantarlle o cumpleanos a Xavi! E, por suposto, papar a tarta enteira.
Feliz Cumpreanos Xavi!


9 de Outubro de 2015
Aniversario de Claudia

Hoxe comimos a tarta de cumple da pequeniña da escola. O teu primeiro cumple con nós. Parabéns Claudia!!


8 de Outubro de 2015
Aniversario de Saray

Hoxe é o cumple da nosa Saray. Parabéns parrula!!


2 de Outubro de 2015
Obradoiro de Cociña: Pizza

Hoxe Saray tróuxonos para a asamblea una folla de outono de tres cores: amarelo, marrón e verde.
As cores de outono fanse presentes na natureza!

Despois fixemos obradoiro de cociña e preparamos pizzas individuais. Tomate, queixo, xamón... e ao forno! Riquísimas!!
´


domingo, 6 de marzo de 2016

25 de Setembro de 2015
Pintamos con uvas.

Hoxe a profe trouxo uvas da vendima da súa casa. Ademáis de comer unhas cantas na merenda do recreo, utilizamos a súa pel para colorear. Cada uva pintaba cunha tonalidade diferente e a cor variaba segundo a presión que se facía con ela. Este foi o resultado!
24 de Setembro de 2015

Un niño de paxaros.

Hoxe Aldara e Tomás trouxéronnos un niño de paxaros.

Na asamblea mirámolo paseniño para ver como estaba tecido con plumas e paus pequenos e flexibles. Increíble o que traballan para construir o se fogar.


Gustounos moitísimo. Grazas Aladara e Tomás.