lunes, 10 de junio de 2013

POEMA DA SEMILLITA

Traballamos unha poesía dunha semente, e lles gustou tanto que a escenificamos, mirade o resultado!


domingo, 19 de mayo de 2013

OBSERVANDO CUNCHAS

A semana pasada, Amalia trouxo unha morea de cunchas que recolleu cos seus pais na praia e quixo compartilas con nós. Aquí tedes unhas fotiños, de como elas e él as observaron e debatiron de que eran cada unha.

PLANTANDO ÁRBORES

Despois de moitos inconvintes, ao final conseguimos platar as árbores que tiñamos preparadas.
Menos mal, que veu o avó de Alba a axudarnos, porque non sei eu como sairía senón a cousa.
O que vaia a Pantín, que mire se prenderon ou non.

TRAXES REXIONAIS

Despois de ver en fotos e comentar os traxes rexionais, leveinos ao cole para que os visen de cerca. E tivemos unhas modelos excepcionais, a profe Mariluz e María, a mamá de Amalia.





martes, 2 de abril de 2013

CUMPLE DE CELIA

E rematamos a semana celebrando o cumple de Celia, quen fixo un biscoito coa avoa riquísimo, este si o puiden probar.




 




Parabéns Celia!

EXCURSIÓN AO MUNCYT

Continuamos a semana coa visita ao novo MUNCYT, de todo o que vimos, o que máis lle chamou a atención foron os dous robots: Mari Lú e Pepe Xan; e tamén a cabina do avión.

Aproveitade que é de balde para ir a visitalo

CUMPLE DE INÉS

A semana que collíamos as vacacións, tivémola un pouco atarefada.
Comezamos o luns co cumple de Inés, que xa ten 4 anos.
Convidounos a unha torta, pero realmente non sei si era deliciosa porque non nos deixaron nin a proba, o que quere dicir que debía de estar moi boa.





Parabéns Inés!