jueves, 28 de febrero de 2013
EXCURSIÓN AO COLEXIO DA CAPELA
O xoves 28 de febreiro fomos de excursión ao CEIP Mosteiro de Caveeiro na Capela.
Alí teñen un centro de interpretación de xogos tradicionais, ademáis dunha exposición de xoguetes africanos feitos todos á man.
Alí nos estaban esperando os nenos e nenas de 1º de Primaria, que eran os encargados de explicarnos os xogos que íamos a practicar.
A experiencia resultou fantástica, tanto para eles como para nós. Para eles porque é das primeiras veces que acode un grupo con nen@s tan pequenos. E para nós, porque coñeceron xogos de antano que seguro que para vós, como a min recordaredes momentos da infancia.
Xogamos ás cadeas, á pita cega, á zorregada, ás chapas, aos peóns e bailaretes, aos zancos e á mariola. aínda teñen ata dezasete preparados, así que temos a escusa perfecta para o ano que ven facerlles outra visita.
Moitas grazas a Xabier, que é o mestre responsábel de levar a cabo os xogos, e como non, aos nosos anfitrións, os nenos e nenas de primeiro que o fixeron estupendamente.
Mirade e xa veredes que ben o pasamos.
CUMPLE DE ANTÍA
Esta semana Antía cumpleu 6 anos, e para celebralo convidounos a unha deliciosa tarta.
Parabéns Antía!
lunes, 25 de febrero de 2013
VISITA DO SEPRONA
O xoves 21 visitounos unha patrulla do Seprona, para explicarnos en que consiste o seu traballo. Gustounos moito, pero sobre todo subir á moto e probar o chaleco antibalas.
Toda unha experiencia!
miércoles, 20 de febrero de 2013
O CUMPLE DA PROFE
OS ZULÚS
Como decía a nosa canción : " Somos os zulús da África tropical, e aquí en Valdoviño queremos quedar..."
Aquí tedes as fotos d@ guap@s que íamos:
Aquí tedes as fotos d@ guap@s que íamos:
4º MANDADO
Como cuarto e último mandado, o Meco fixo que puxeramos algunha prenda de roupa do revés, co incomodo que é iso, pero nos obedecimos, e así estábamos
Poesía da Paz
Para celebrar o Día da Paz tamén aprendimos unha poesía, e aquí tedes o vídeo para comprobar que ben lle salía.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


