miércoles, 20 de febrero de 2013
VIDEO DA PAZ
Como o prometido é débeda, aquí tedes o enlace para que poidades ver o vídeo que fixo María para conmemorar o Día da Paz: vídeo.
miércoles, 6 de febrero de 2013
MERENDA ESPECIAL
Hoxe preparamos unha merenda especial, tres pizzas, das que demos boa conta delas. Só temos fotos da elaboración, porque como estabamos tan ansiosos por probalas e tiñan tan boa pinta, que nos nos acordamos nin de sacarlle fotos ao resultado final.
Pero estaba riquísima, así que repetiremos!
3º MANDADO
O mércores, outra cousa nova, había que traer unhas coletas ou algo na cabeza. e como somos tan "mandadiños"...
CUMPLE DE ALBA
O martes día 5, celebramos o cumple de Alba, que xa ten catro anos. Convidounos a unha deliciosa tarta.
Parabéns Alba!
DÍA DA PAZ
O 31 de xaneiro, celebramos o Día da Paz na escola, para o cal, ademais de aprender unha poesía, facer un videoclip dunha canción de Macaco, do que en breve poñeremos o enlace para que o poidades ver desde a casa, tamén o traballamos en inglés e no proxecto lector, e finalmente tamén elaboramos a pomba dos sorrisos.
Mirade que fermosa quedou!
Mirade que fermosa quedou!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

