O mércores, outra cousa nova, había que traer unhas coletas ou algo na cabeza. e como somos tan "mandadiños"...
miércoles, 6 de febrero de 2013
CUMPLE DE ALBA
O martes día 5, celebramos o cumple de Alba, que xa ten catro anos. Convidounos a unha deliciosa tarta.
Parabéns Alba!
DÍA DA PAZ
O 31 de xaneiro, celebramos o Día da Paz na escola, para o cal, ademais de aprender unha poesía, facer un videoclip dunha canción de Macaco, do que en breve poñeremos o enlace para que o poidades ver desde a casa, tamén o traballamos en inglés e no proxecto lector, e finalmente tamén elaboramos a pomba dos sorrisos.
Mirade que fermosa quedou!
Mirade que fermosa quedou!
martes, 15 de enero de 2013
CUMPLE DE AMALIA
O primeiro cumple deste ano foi o de Amalia, que compartiu con todos nós un delicioso biscoito.
CHSSSS!!! É un segredo, pero mamá e papá axudaron un pouquiño a facelo, pero só un pouquiño, que quede claro.
CHSSSS!!! É un segredo, pero mamá e papá axudaron un pouquiño a facelo, pero só un pouquiño, que quede claro.
Parabéns Amalia! Xa tes 5 anos!
REGALOS DE REIS
Os Reis Magos, tamén pararon na nosa escola a deixar algúns regalos, que nos fixeron moita ilusión.
Ultimamente son os xoguetes preferidos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




