martes, 15 de enero de 2013

A VISITA DE PAPA NOEL

O último día de escola antes das vacacións de Nadal, tivemos unha visita especial, bueno, mellor dito dúas: viñeron as familias para compartir con nós unha pequena festa e tamén apareceu por Vilarrube Papa Noel, a recoller as súas cartas e tamén darnos unhos caramelos. Mirade cantas nenas e nos había, ata viñeron os futu@s alumn@s da escola para ir collendo ambiente.

jueves, 20 de diciembre de 2012

BUZÓN DE CORREOS

Como última actividade da mañá, fomos ata Correos a botar unhas cartas moi importantes ao buzón. Estade atentos ao correo, a ver se chega algo importante!

O APALPADOR

Despois de sair do museo, de camiño a Correos, nos atopamos "por casualidade" co señor APALPADOR e os seus trasnos. Despois de conversar con el unhos minutos, bailamos todos xuntos e regaláronnos unhas froitas. Marcharon rápido, xa que tiñan aínda que visitar a máis nen@s.

EXCURSIÓN

Hoxe fomos ao MUSEO DA HISTORIA NARURAL DE GALICIA, que está en Ferrol.
Como era a primeira saída en bus que facíamos este curso, estaban tod@s moi emocionad@s.
Vimos un montón de cousas, pero como tíñamos pouco tempo non puidemos parar a observar todo, así que familias si vos apetece, é un bo plan nas vacacións de Nadal.
Aquí vos deixo unhas cantas fotos:

CUMPLE DE MARÍA

E por fin a máis pequena da escola xa ten 3 anos! María estivo esta semana de cumple e convidounos a un riquísimo biscoito, do que demos boa conta.





 Parabéns María!

martes, 11 de diciembre de 2012

UNHA ÁRBORE ESPECIAL

Entre todas as familias que conforman a ecola de Vilarrube, fixemos unha árbore de nadal moi especial.
Cada familia, adornou o seu corazón como quixo, e con todos eles formamos esta preciosa , orixinal e única árbore.
Mirade que cousa tan fermosa:




Moitas grazas por colaborar. Así da gusto traballar!

CUMPLE DE ANDREA

Esta semana, celebramos o cumple de Andrea, que xa ten 7 anos!
Invitounos a unha tarta riquísima cun adorno precioso das tan deseadas monster.



Acabome de dar conta de que esquecimos a coroa!

Parabéns Andrea